10 nov. 2017

Formación de usuarios

Os máis pequenos do instituto estanos a visitar durante esta semana para coñecer mellor a biblioteca e afacerse a utilizala.
A pesares de ser grupos moi numerosos, de vinteoito alumnos aproximadamente, estiveron moi atentos e amosaron interese e curiosidade.
Moitos deles aproveitaron a ocasión para facerse socios ou apuntarse no club de Lectura.
Este curso tamén estamos a preparar para eles actividades de procura e/ ou algunha xincana.



3 nov. 2017

Actividades de outubro

Rematamos o mes de outubro poñendo en marcha as Mochilas viaxeiras e coa visita á nosa biblioteca do profesorado de nova incorporación. Conmemoramos tamén o Centenario da revolución soviética. Con este fin ideamos o "Outubro vermello". Por unha banda, fixemos unha pequena escolla de materiais, dos que dispoñemos na biblioteca, que podedes consultar no tríptico que adxuntamos. E por outra, o Departamento de Artes plásticas preparou unha mostra, situada no vestíbulo do centro, na que se amosan movementos artísticos e obras senlleiras contemporáneas a devandita data.

24 oct. 2017

Día das bibliotecas

Parabéns a todos os que sodes amantes das bibliotecas, hoxe é o voso día. E para celebralo,aquí vos deixamos unha escolma de libros que xiran arredor do mundo das lecturas e os lectores, e un powerpoint de bibliotecas de cine.

20 oct. 2017

Kazuo Ishiguro, premio Nobel de Literatura 2017




Achégate á biblioteca para coñecer a obra do novo premio Nobel de Literatura, Kazuo Ishiguro; tamén poderás atopar películas baseadas nos seus libros.

18 oct. 2017

Convocatoria Cub lectura

Chegou o momento de comezar a nova andadura do Club de Lectura "Lendo a todo Filispín" Este curso vai dirixir o club a profesora de lingua e literatura Norma, pero teremos como de costume as colaboracións de máis profesores. E ademáis de lecturas, recitáis, saídas, xornadas con outros clubs, experimentaremos con novidades como o booktrailer e todo o que se nos vaia ocurrindo. Non faltedes, a primeira reunión é o mércores 25 no segundo recreo.

29 sept. 2017

Benvidos ao curso 2017-18

Un ano máis, desde a biblioteca, saudámosvos e desexámosvos que teñades un bo curso.
Como primeira actividade do ano, recibimos aos alumnos de primeiro da ESO o día das presentacións e ademáis de proporcionarlles información do funcionamento da biblioteca, xogamos a adiviñar títulos de libros representados por iconas.
Se queredes probar fortuna, esta é a ligazón:
http://www.eraseunavezqueseera.com/2015/06/11/titulos-libros-emoticonos/

28 jun. 2017

Vocabulario basico de Biblioloxía

Vocabulario basico de Biblioloxía

  • (Tirado por Bernardo Máiz do "Diccionario de Bibliología y ciencias afines", José Martínez de Sousa, 1989)
  • ARQUIVO Lugar para a conservación e inventario de documentos
  • BESTSELLER Libro de grande éxito
  • BIBLIOFAXIA Costume de ler libros sen aproveitamento
  • BIBLIOTECA Local onde se xuntan libros
  • BIBLIOTECARIO/A Persoa con formación especializada que ten ao seu cargo unha biblioteca
  • BIBLIOTECONOMÍA Coñecimentos teórico-prácticos sobre bibliotecas
  • BOLETÍN Puiblicación periódica editada por unha institución con fins formativos. Nos Centros docentes equivale ás veces a notificación punitiva...
  • CATÁLOGO Enumeración descriptiva de fondos bibliográficos
  • CLASIFICACIÓN DECIMAL UNIVERSAL (CDU) Sistema numérico, de uso internacional, para encadrar os libros na súa materia
  • CONTRAPORTADA Páxina frente á portada onde van datos sobre autor, colección, etc.
  • COPYRIGHT Indicador de que a propiedade itelectual da obra está protexida
  • CÓDICE Libro manuscrito xeralmente feito antes da invención fda imprenta
  • DEPÓSITO LEGAL Entrega d eexemplares, obligatoria, ás bibliotecas nacionais
  • EDICIÓN Obra preparada para a súa publicación. Conxunto de exemplares dunha obra. Chámase "príncipe" cando é a primeira ou a máis perfecta
  • ENCADERNACIÓN Cuberta de cartón, pel plástiuco, etc. que levan os libros
  • ETIQUETA Rótulo pegado no lombo dun libro con datos de identificación
  • FICHA Cartolina onde están anotados o autor, obra, etc.
  • FOLLA As dúas páxinas (anverso e reverso)
  • FOLLETO Impreso que non ten periodicidade
  • HEMEROTECA Departamento dunha biblioteca onde se gardan as publicacións periódicas
  • IMPRENTA Invento de -entre outros- Gutemberg, darredor do 1440. Sistema de reproducir, por medio de presión, caracteres impregnados de tinta
  • INCUNABLE Cada libro impreso mecanicamente antes do 1500
  • ÍNDICE Lista ordenada de capítulos, contidos, ilustracións, etc. con indicación da páxina
  • ISBN Código internacional, único para cada edición, que identifica unha obra concreta
  • LER Interpretar mental ou verbalmente un texto escrito
  • LIBRO Conxunto de follas manuscritas, impresas cinguidas polo lombo e con cuberta, formando un volumen
  • LOMBO Parte da cuberta que cubre ba unión das follas dun libro
  • MARXE Espaciio en branco a cada lado dunha páxina
  • PAPEL Folla delgada, feita de trapos,celulosa, papeis vellos, prensados, desfeeitos, convertidos en pasta, cortado en determinada medida
  • PORTADA Páxina onde consta o nome do autor, obra.
  • PÁXINA Cada cara dunha folla
  • PÉ DE IMPRENTA Nome do impresor, lugar e data de feitura do libro
  • REPRODUCCIÓN Copia exacta dunha obre orixinal
  • REVISTA Publicación periódica non cotiá
  • SIGNATURA Cifras e letras sistematizadas que serven para localizar unha obra
  • SOLAPA Prolongación da cuberta e da sobrecuberta, doblada para dentro
  • TAPA Superficies ríxidas que protexen externamente ao libro
  • TEXTO Conxunto de palabras que forman un escrito
  • TIRADA Exemplares dos que consta unha edición
  • TOMO Parte na que pode dividirse unha obra
  • TÍTULO Palabra ou conxunto delas coas que se nomea un libro, revista, etc
  • VOLUME Ás veces o mesmo quee "tomo". Tamén aquelo que está encadernado xunto
  • XORNAL Publicación, xeralmente informativa, de periodicidade cotiá.

23 jun. 2017

AS NOSAS RECOMENDACIÓNS LECTORAS PARA ESTE VERÁN


Aquí tedes as nosas recomendacións para que non vos esquezades de ler este verán. Esperamos que desfrutedes desta selección feita con todo o noso cariño para vós!



FELICES VACACIÓNS E BOAS LECTURAS!!!

X XORNADA DOS CLUBS DE LECTURA

O sábado, 17 de xuño , no Palacio de Congresos de Santiago, asistimos á entrega do premio dos Clubs de Lectura 2017 a Miguelanxo Prado.

Disfrutamos vendo as "performances" de Pista Catro e  os alumnos participaron nos obradoiros poético, de rap e de banda deseñada.

E para rematar , tiveron un encontro con Marcos Calveiro e fixeron unha quedada con distintos clubs de lectura doutros centros.

Deixamos un par de fotos dese día de disfrute para todos!