29 oct. 2009

Primeira páxina


Un saúdo a tod@s desde o blogue da biblioteca Saturnino Hermida.
O blogue nace coa vocación de ampliar a biblioteca, facela sair dos seus muros e achegala a vós, os membros da comunidade educativa.
A biblioteca é o lugar onde habitan os libros, e coma tal, ten que ser un espazo de silencio, sosego e serenidade; o sitio máis axeitado para practicar a lectura e sentirse rodeado confortablemente deses amigos que conteñen todos os mundos e todas as viaxes, todas as historias e todos os soños. Pero ao mesmo tempo a biblioteca quere ser un espazo estimulante, que dea pulo á curiosidade e ao descubrimento, e á utilización das novas tecnoloxías.
Se a lectura é a meirande parte das veces un pracer individual, con este blogue queremos compartir con vós as sensacións, as opinións, as inquedanzas que esas lecturas provocan.
Tranquilidade e dinamismo, individualidade e colectividade, desexamos que a nosa bibliogueteca teña e atenda as dúas caras, só aparentemente opostas, pois todo cabe no mesmo espazo, real e virtual.
De novo benvid@s e animádevos a participar.