22 dic. 2013

Felices Festas co concurso "Tarxetas de Nadal"


Desde a biblioteca queremos desexarvos a todos unhas felices festas e un venturoso ano 2014.
E para ilustrar os nosos bos desexos, unha selección das tarxetas de Nadal que se presentaron ao concurso que por quinto ano organizou a ANPA do centro. Con todos os orixinais montamos unha mostra que está  esperando a vosa visita.
Que teñades moitos agasallos e que gocedes das vosas lecturas.


19 dic. 2013

Concurso de ilustración

2º Premio
1º Premio
O equipo da biblioteca convocou un concurso de ilustración co tema " Algo máis ca libros". 
O alumnado participante inspirouse nesta frase e ilustrou todos os mundos, todas as experiencias que poden ter lugar nunha biblioteca.
Os traballos premiados,  así comos seleccionados están expostos na biblioteca.
Resultaron gañadores do concurso  Pablo ( 1º Premio) e Andrea ( 2º Premio) os dous de 2º G Bach. O equipo quedou moi satisfeito coa participación e a boa calidade dos orixinais presentados. 
                                    Enhoraboa a todos/as participantes.


11 dic. 2013

Coñecer a Mandela

Nelson Mandela- Viaje a la libertad
Recomendamos os seguintes libros:
El largo camino hacia la libertad, de Nelson Mandela: Autobiografía do grande loitador pola defensa dos dereitos humanos, publicada por primeira vez en 1994. Describe o camiño que levou na súa  exemplar vida, dende os seus días de estudante, a  súa estadía en Johannesburgo, e os actos que o fixeron acredor do premio Nobel da Paz, pola súa loita contra a opresión racial, a súa vitoria ao establecer en África nunha democracia sen distinción racial. 
Conversaciones conmigo mismo: Biografía a partir de manuscritos recompilados pola Fundacion Nelson Mandela. Neste tomo  encóntranse os   seus pensamentos, borradores a cartas para xefes de Estado, a súas reflexiones durante o período en que se encontrou no cárcere, e ao longo de máis de 50 anos de vida.
¡Qué lejos hemos llegado los esclavos!: Sudáfrica y Cuba en el mundo de hoy En 1991 Nelson Mandela  reúnese con Fidel Castro, neste encontro falan sobre os seus países, África y Cuba, respectivamente. A conversa xira en torno á relación especial que teñen os  seus pobos, o lugar na historia de cada un, e sobre todo as loitas sociales que con levan. 
El Factor Humano, John Carlin: Novela que retrata a Nelson Mandela que loitaría pola paz racial entre os africanos. A historia cobra vida en 1995, cun país dividido tanxente mente entre razas, en onde se encontraba discriminación e resentimento; porén, durante o mundial de rugby, unha vitoria une aos sudafricanos
Me llamo Nelson Mandela, de Isabel Muntane: Titulo dedicado para nenos e rapaces, presenta a biografía da figura que marco a historia. Ideal para que nenos coñezan a vida de Nelson Mandela e os seus ideais, que axudaron a centos de persoas en Sudáfrica. 



21 nov. 2013

En lembranza de Doris Lessing

Doris Lessing, considerada unha das escritoras máis influíntes do século XX, morreu o pasado domingo, o día 17 de novembro. Nacida en Persia (hoxe Irán) e crecida en Rodesia (hoxe Zimbabwe) no ocaso do colonialismo, Doris foi unha muller intelixente, valente e decidida que na súa longa vida –tiña 94 anos– andou comprometida coas loitas sociais, cos desvaforecidos, con África, coas mulleres, co ecoloxismo, co pacifismo… En 1999 foi quen de rexeitarlle á raíña Isabel II o título de Dama do Imperio Británico.
Só un título entre a súa prolífica obra está traducido ao galego. Trátase da súa obra máis recoñecida e que, hoxe en día, segue a ser un dos referentes do feminismo: "O caderno dourado" (Galaxia, 2009). Trátase dunha novela con trasfondo autobiográfico que ten como protagonista a unha muller que aspira a ter a liberdade dun home.
En 2007 cando lle foi entregado o Nobel de Literatura fixemos unha presentación para divulgar a súa figura. Agora que polo seu pasamento tanto se está a falar desta interesantísima muller, achegamos coas oportunas modificacións aquel traballo.

15 nov. 2013

25 de novembro, DÍa contra a violencia de Xénero

O Equipo da biblioteca organizou unha charla-coloquio sobre a violencia de xénero, levada a cabo por ALMAT (Asociación de loita contra os malos tratos). Participaron na actividade o alumnado de 4º ESO.
Aquí os deixamos unha serie de recursos para seguir traballando nas aulas.


-- Secretaría Xeral de Igualdade: Que é a violencia de xénero?
-- Unidade didáctica da Xunta, "Combatamos a violencia
-- Concellería de igualdade do concello de Vigo; Datos e Datas.
-- Blog de recursos para traballar a igualdade nos centros, "Educando en igualdade"
-- Unidades didácticas do Sindicato de traballadores/as do Ensino de Galicia (STEG): "Violencia de xénero, non!". Educ. Secundaria.
-- Educando en igualdade, unidade didáctica de FETE-UGT
-- Materiais didácticos para a comunidade educativa, organizados por ciclos: baionaorg.
-- Unidade didáctica do Concello de Lugo: Revista Rapazas 

Se picades enriba do que aparece a cor, entraredes directamente nas páxinas web.

14 nov. 2013

PREMIO NACIONAL DE CÓMIC 2013


O Premio Nacional de Cómic 2013, foi concedido a obra Ardalén, de Miguelanxo Prado.

Se desexas coñecer a figura do premiado, pica enriba do nome e descubrirás moitas cousas. 

  
Podemos coñecer un avance da obra aquí.

Na  biblioteca está a vosa disposición esta obra, que os invitamos a coñecer.

29 oct. 2013

FESTEXAMOS O SAMAÍN


A noite do 31 de outubro  celébrase, nos países anglosaxóns, o Halloween que ten a súa orixe na celebración celta do Samaín, e que o cristianismo reconverteu no Día de Todos os Santos.
Podedes  pasarvos pola biblioteca a ver a pequena mostra de materiais que temos escollidos para festexar esta data.
 Se tedes interese en  coñecer a historia do Samaín, aquí os deixamos uns enlaces:
  http://www.iesfoz.org/actividades/saamaaiin.html
  http://gl.wikipedia.org/wiki/Sama%C3%ADn
 http://fisterraelvina.blogspot.com.es/2010/10/hist

22 oct. 2013

24 de outubro, Día da BIBLIOTECA



Este é o cartel que a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria edita todos os anos para conmemorar o Día da Biblioteca (24 de outubro) e participar da celebración do mes da biblioteca escolar que propón a IASL,  o lema elixido para este ano é:

LER CIENCIA NA BIBLIOTECA ESCOLAR

Con este lema inténtase sensibilizar sobre a importancia da lectura de textos de carácter científico, de textos divulgativos ou de textos literarios que tratan temas relacionados coa ciencia

Na entrada da nosa biblioteca podedes ver unha miniexposición de fondos, de divulgación científica.


Nestas datas estamos a realizar actividades de formación de usuarios, e visitando a Biblioteca Municipal

14 oct. 2013

UN TEMPO PARA LER

Comeza a actividade "HORA DE LER" co alumnado de 1º e 2º ESO.


Na  semana do 14 ao 18 de outubro comezarase pola primeira clase de cada día. e así sucesivamente ata chegar ao sexto período lectivo na semana sexta.
Rematado este ciclo volverase a comezar co mesmo criterio ao comezo da seguinte avaliación. En total serán 6 sesións por avaliación.
Consistirá nunha sesión diaria mínima de 20 minutos dedicada a actividades relacionadas co fomento da lectura.


 FELICES LECTURAS!

12 oct. 2013

COMEZAN A CIRCULAR AS NOSAS MOCHILAS VIAXEIRAS




O luns, 7 de outubro, un ano máis saíron da biblioteca as Mochilas Viaxeiras, cargadas de boas lecturas, videoxogos e cine para compartir en familia. Chegarán aos fogares, do alumnado de 1º ESO, cada quince día co obxectivo de animar a ler en familia. Revisade as “normas  de uso” que as acompaña e recordade que os materiais que levan  debemos de coidalos. 

Agardamos os vosos comentarios e as novas que consideredes oportunas engadir no caderno que vai nela.

29 sept. 2013

CINE E LITERATURA



Este curso a biblioteca do noso Centro levará a cabo una exposición de libros e filmes de todos os tempos que foron levados a gran pantalla.
 
Pretendemos achegar a comunidade escolar tanto a Literatura como o cine, que  son dúas artes que moitas veces camiñan xuntas.
Aquí tedes un enlace para traballar o cine nas aulas: