29 oct. 2013

FESTEXAMOS O SAMAÍN


A noite do 31 de outubro  celébrase, nos países anglosaxóns, o Halloween que ten a súa orixe na celebración celta do Samaín, e que o cristianismo reconverteu no Día de Todos os Santos.
Podedes  pasarvos pola biblioteca a ver a pequena mostra de materiais que temos escollidos para festexar esta data.
 Se tedes interese en  coñecer a historia do Samaín, aquí os deixamos uns enlaces:
  http://www.iesfoz.org/actividades/saamaaiin.html
  http://gl.wikipedia.org/wiki/Sama%C3%ADn
 http://fisterraelvina.blogspot.com.es/2010/10/hist

22 oct. 2013

24 de outubro, Día da BIBLIOTECA



Este é o cartel que a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria edita todos os anos para conmemorar o Día da Biblioteca (24 de outubro) e participar da celebración do mes da biblioteca escolar que propón a IASL,  o lema elixido para este ano é:

LER CIENCIA NA BIBLIOTECA ESCOLAR

Con este lema inténtase sensibilizar sobre a importancia da lectura de textos de carácter científico, de textos divulgativos ou de textos literarios que tratan temas relacionados coa ciencia

Na entrada da nosa biblioteca podedes ver unha miniexposición de fondos, de divulgación científica.


Nestas datas estamos a realizar actividades de formación de usuarios, e visitando a Biblioteca Municipal

14 oct. 2013

UN TEMPO PARA LER

Comeza a actividade "HORA DE LER" co alumnado de 1º e 2º ESO.


Na  semana do 14 ao 18 de outubro comezarase pola primeira clase de cada día. e así sucesivamente ata chegar ao sexto período lectivo na semana sexta.
Rematado este ciclo volverase a comezar co mesmo criterio ao comezo da seguinte avaliación. En total serán 6 sesións por avaliación.
Consistirá nunha sesión diaria mínima de 20 minutos dedicada a actividades relacionadas co fomento da lectura.


 FELICES LECTURAS!

12 oct. 2013

COMEZAN A CIRCULAR AS NOSAS MOCHILAS VIAXEIRAS




O luns, 7 de outubro, un ano máis saíron da biblioteca as Mochilas Viaxeiras, cargadas de boas lecturas, videoxogos e cine para compartir en familia. Chegarán aos fogares, do alumnado de 1º ESO, cada quince día co obxectivo de animar a ler en familia. Revisade as “normas  de uso” que as acompaña e recordade que os materiais que levan  debemos de coidalos. 

Agardamos os vosos comentarios e as novas que consideredes oportunas engadir no caderno que vai nela.