21 nov. 2013

En lembranza de Doris Lessing

Doris Lessing, considerada unha das escritoras máis influíntes do século XX, morreu o pasado domingo, o día 17 de novembro. Nacida en Persia (hoxe Irán) e crecida en Rodesia (hoxe Zimbabwe) no ocaso do colonialismo, Doris foi unha muller intelixente, valente e decidida que na súa longa vida –tiña 94 anos– andou comprometida coas loitas sociais, cos desvaforecidos, con África, coas mulleres, co ecoloxismo, co pacifismo… En 1999 foi quen de rexeitarlle á raíña Isabel II o título de Dama do Imperio Británico.
Só un título entre a súa prolífica obra está traducido ao galego. Trátase da súa obra máis recoñecida e que, hoxe en día, segue a ser un dos referentes do feminismo: "O caderno dourado" (Galaxia, 2009). Trátase dunha novela con trasfondo autobiográfico que ten como protagonista a unha muller que aspira a ter a liberdade dun home.
En 2007 cando lle foi entregado o Nobel de Literatura fixemos unha presentación para divulgar a súa figura. Agora que polo seu pasamento tanto se está a falar desta interesantísima muller, achegamos coas oportunas modificacións aquel traballo.

15 nov. 2013

25 de novembro, DÍa contra a violencia de Xénero

O Equipo da biblioteca organizou unha charla-coloquio sobre a violencia de xénero, levada a cabo por ALMAT (Asociación de loita contra os malos tratos). Participaron na actividade o alumnado de 4º ESO.
Aquí os deixamos unha serie de recursos para seguir traballando nas aulas.


-- Secretaría Xeral de Igualdade: Que é a violencia de xénero?
-- Unidade didáctica da Xunta, "Combatamos a violencia
-- Concellería de igualdade do concello de Vigo; Datos e Datas.
-- Blog de recursos para traballar a igualdade nos centros, "Educando en igualdade"
-- Unidades didácticas do Sindicato de traballadores/as do Ensino de Galicia (STEG): "Violencia de xénero, non!". Educ. Secundaria.
-- Educando en igualdade, unidade didáctica de FETE-UGT
-- Materiais didácticos para a comunidade educativa, organizados por ciclos: baionaorg.
-- Unidade didáctica do Concello de Lugo: Revista Rapazas 

Se picades enriba do que aparece a cor, entraredes directamente nas páxinas web.

14 nov. 2013

PREMIO NACIONAL DE CÓMIC 2013


O Premio Nacional de Cómic 2013, foi concedido a obra Ardalén, de Miguelanxo Prado.

Se desexas coñecer a figura do premiado, pica enriba do nome e descubrirás moitas cousas. 

  
Podemos coñecer un avance da obra aquí.

Na  biblioteca está a vosa disposición esta obra, que os invitamos a coñecer.