19 dic. 2014

Bo Nadal e Boas lecturas



O VI Concurso de tarxetas de Nadal que organiza a Anpa, xa ten gañadores:
       
        1º Lidia González Teijido
        2º Aldara López Teijeiro           
        3º Nerea Otero Ferreiro

Moitas felicidades!!!!!






Animamos a todos vós que vexades a exposición das tarjetas na biblioteca. 
E que aproveitedes a consultar tamén a proposta de lecturas para o nadal, exposta á entrada da mesma. 
É un tempo de boas lecturas!!!



Dende a biblioteca unímonos aos desexos da Anpa e queremos 
felicitar estas festas a todos os profesores, usuarios e alumnos 
do centro.
      
        Bo Nadal e Feliz Aninovo 2015

17 dic. 2014

Felicidades Laura


O mércores 10 de decembro, o Fondo Galego de Cooperación e Solidaridade entregou na Casa Galega da Cultura de Vigo os premios do concurso "Imaxes con fondo", no marco das IX Xornadas de Cooperación.
A alumna de bacharelato do noso centro, Laura Díaz Martínez, conseguiu un galardón nesta edición, con imaxes que competían con outras 93.
Na categoría xuvenil o xurado formado por especialistas en cooperación e fotoxornalistas, pedían fotos que fixeran referencia ao lema "A solidaridad da sentido ás nosas vidas".
A nosa alumna Laura quedou en segunda posición con "Fondo mariño" e o chío: "Toneladas de lixo son tiradas ao mar en todo o planeta, isto supón cambios negativos para as especies que viven nel".

Felicidades Laura



11 dic. 2014

Gañadores do concurso "Os xardíns do instituto, unha ollada persoal"











O equipo de dinamización da biblioteca e o departamento de debuxo convocaron un certame de fotografía e ilustración co tema "Os xardíns do instituto, unha ollada persoal" 





O alumnado participante esforzouse por captar os pequenos detalles, as distintas perspectivas, as luces, texturas, cores,…mostraron a sua visión persoal do xardín.
Os traballos premiados, así como os seleccionados están expostos na biblioteca.

Resultaron gañadores do concurso:
   1º Premio de fotografía: Laura Díaz Martínez- 1ºA Bach. 
   1º Premio de ilustración: Andrea Castro Sánchez- 2ºA Bach. 

O xurado quedou satisfeito ante a boa participación e a orixinalidade das propostas.
                                                                        
                       
  
                                               


              
                   Enhoraboa a todos/as participantes.

1 dic. 2014

Un lazo de sensibilización




Un gran lazo morado adornou a biblioteca ao longo da pasada semana. 


En colaboración cos titores, os alumnos da ESO adicaron un tempo a colocar nun panel letras de cancións, citas célebres, e frases feitas por eles. A través desta actividade tomaron conciencia de que a violencia de xénero esta presente hoxe en día de moitas formas, a veces descoñecidas. 

O obxectivo deste recurso era potenciar a tolerancia, eliminar a linguaxe sexista, poñer en valor as experiencias das mulleres, etc.                                          


Os alumnos traballaron esta actividade escoitando cancións e visualizando vídeos que axudaban a prevenir a agresión física e o maltrato psicolóxico.

Para despois dar rienda solta a súa espontaneidade e a súa creatividade por medio da escritura e cunha mensaxe sinxela:


            Non á violencia de xénero.