26 may. 2015

Lembrando a Eduardo Galeano e a Gunter Grass

Hai uns días o mundo das letras tinguiuse de loito: Abandonáronnos Eduardo Galeano e Gunter Grass, figuras claves da literatura americana e europea respactivamente. Como homenaxe a estes dous grandea autores, reproducimos uns fragmentos das súas obras. O primeiro, o relato que Galeano lle adica a Concepción Arenal no seu libro "Mulleres":
 "Pasou a vida loitando con alma e vida contra o inferno dos cárceres e pola dignidade das mulleres, presas de cárceres disfrazados de fogares. Contra o costume de absolver xeneralizando, ela chamaba ao pan, pan e ao viño, viño: -Cando a culpa é de todos, é de ninguén -dicía. Así conquistou uns cantos inimigos. E aínda que co tempo o seu prestixio xa era indiscutible, ao seu país custáballe crelo. E non só ao seu país: á súa época tamén. Alá por 1840 e algo, Concepción Areal asistira aos cursos da Facultade de Dereito, disfrazada de home, o peito esmagado por un dobre corpiño. Alá por 1850 e algo, seguía disfrazándose de home para poder frecuentar os faladoiros madrileños, onde se debatían temas impropios a horas impropias. E alá por 1870 e algo, unha prestixiosa organización inglesa, a Sociedad Howard para a Reforma das Prisións, nomeouna representante en España. O documento que a acreditou foi expedido a nome de sir Concepción Arenal. Corenta anos despois, outra galega, Emilia Pardo Bazán, foi a primeira muller catedrática nunha universidade española. Ningún alumno se dignaba escoitala. Daba clases a ninguén."
E un anaco da novela que deu sona a Gunter Grass, "O tambor de folla de lata"
" E hoxe Óscar di simplemente: a bolboreta tocaba o tembor.Ouvín tocar o tambor a coellos, raposos e marmotas.Tocando o tambor, as ras poden concitar unha tempestade.Din do paxaro carpinteiro que, tocando o tambor, fai saír aos vermes dos seus agochos.E finalmente o home toca o bombo, os pratos, atabales e tambores.Fala de revólveres de tambor, de lume de tambor; co tambor sácase á xente das súas casas, ao son do tambor congrégalla e ao son do tambor mándalla á tumba."


13 may. 2015

Gañadores do Certame Literario


Recibidos preto de cincuenta relatos o Xurado formado por representantes de diversos Departamentos tiveron un traballo moi complicado. Finalmente escolleron os dous traballos gañadores da presente edición e, tendo en conta o bo nivel amosado polos participantes, tomaron a decisión de otorgar dous accésits a sendos traballos que presentaban tamén unha moi correcta factura.


  • 1º e 2º ESO:                1º Premio - As armas do esquecemento, Pablo Manuel Teijeiro Galdo (3ºC)

                                  Accésit - El último sueño, Sara Dopico Amor (1ºA)


  • 3º e 4º ESO                 1º Premio - Surrealismo mágico, Lidia González (3ºA)

                                  Accésit - Leo, Andrea Deive García (4ºB)

O vindeiro luns 18 de Maio, o Xurado fará a entrega dos premios aos gañadores do concurso no segundo recreo na biblioteca.

Noraboa aos premiados e grazas a todos pola vosa participación.


4 may. 2015

Sesión Kafkiana intercentros



Dentro da semana do libro, o martes 21, o Club de Lectura do noso instituto recibíu nunha sesión conxunta ao IES Sofía Casanova para compartir opinións acerca do libro proposto, A Metamorfose de Kafka, no que foi o primero encontro intercentros.
Foi un pracer recibir no noso centro ao redor de 35 alumnos e profesores que compartiron con nós o pracer pola lectura.
Aproveitando o horario lectivo da tarde, común a ámbolos dóus centros, reunímonos na cafetería á hora do xantar para poder coñecernos un pouco mellor, e logo tivemos na biblioteca a sesión oficial do Club de Lectura.
Na sesión compartimos distintas interpretacións e curiosidades do libro e apreciamos o esforzo que os nosos invitados invertiran en preparar o tema. Eles fixeron ademáis unha presentación  coas súas propias recomendacións de novelas gráficas e cómics para introducirnos un pouco neste outro tipo de literatura.
Aínda que a mín persoalmente non me entusiasmou a novela de Karfa, a súa lectura sí que deu lugar a tratar temas como a marxinación, a indiferencia, a exclusión das persoas enfermas, etc. Interesoume moito a reacción do protagonista por non alarmarse ante a súa nova imaxe, penso que asume a súa natureza porque era unha consecuencia da súa vida, unha manifestación do seu interior. Coincido en que o protagonista estaba sumido na súa desgraza e que lle faltou unha man amiga que lle sacara do pozo no que estaba sumido, ese apoio que todos nós deberíamos ter nas nosas vidas.

Dende aquí darlle as grazas a todos os participantes, agardando con emoción o vindeiro encontro.

Alba Muñoz 1ºBACH
(autora do blog literario milmundosblog.blogspot.com.es)