22 abr. 2016

SEMANA DA CIENCIA

Como todos os anos, os departamentos de Física e Química, Ciencias e Matemáticas, levaron a cabo no instituto a "Semana da Ciencia".

A través de diversas exposicións, xogos e actividades, os rapaces dos diferentes cursos tiveron a posibilidade de observar a ciencia dende un punto de vista lúdico e diferente.

Aquí vos deixamos algunhas das fotografías da biblioteca, o hall e os corredores nos que se fixeron as actividades.





15 abr. 2016

DÍA DO LIBRO

Xa estamos moi preto da data de celebración do Día do Libro, e, como tódolos anos, vanse facer varias actividades relacionadas con este tema das que vos iremos informando.

Polo momento, deixámosvos un tríptico co material que tedes a disposición na biblioteca sobre Cervantes .

Asemade, mostramos o estupendo traballo dos alumnos de Artes de Bacharelato cos tres autores conmemorados este ano: Miguel de Cervantes, William Shakespeare e Inca Garcilaso de la Vega.

Esperamos que vos guste!!!




1 abr. 2016

ONG Acción Familiar


Repetindo a experiencia do ano pasado, e para rematar o 2º trimestre, os días 16, 17 e 18 de Marzo, dúas das colaboradoras desta ONG, Lara e Nerea , viñeron ao noso centro a impartir unhas charlas na nosa Biblioteca.

Este ano as charlas versaron sobre Habilidades sociais e interpersoais , e foron impartidas ao alumnado de 1º e 2º da ESO.

Tendo en conta o éxito que tiveron, desexamos que o ano que vén nos regalen de novo a súa presencia e o seu marabilloso traballo.

Gracias ás dúas pola súa colaboración!