1 may 2017

25 ABRIL

O mes de abril deixa sentir coa súa chegada a primavera, chea de cores e  sensacións que  nos transmiten os pétalos das flores e, como non, as follas dos libros.

E a cor que mellor resume o recital que tivo lugar na biblioteca é o vermello, pois festexabamos o "Giorno della liberazione" italiana, e a todos os nosos lectores regalábamoslles un caravel encarnado.Non hai que esquecer que o día coincidía co da revolución portuguesa.

As lecturas foron especialmente conmovedoras e emocionantes, xa que se leron en italiano cartas de partisáns condeados a morte.Outras cartas lidas foron as de Miguel Hernández á súa muller, Josefina Manresa, en castelán, e en galego unha de Alexandre Bóveda. Estiveron tamén presentes cos seus poemas Primo Levi e Giuseppe Ungaretti.

Tivemos a sorte de poder contar cun grupo de lectoras da EOI de Ferrol, pertencentes á Asociación Cultural L'Armata Brancaleone.Queremos agradecerlles a súa contribución, así como a dos profes Giada e especialmente Marco. Polo noso centro, organizaban o equipo da biblioteca e os departamentos de linguas.

E aquí tendes a fotos desta  experiencia lectora, que nos deixou a todos un agradable pouso e   as ganas de repetila.

No hay comentarios:

Publicar un comentario